mércores, 18 de decembro de 2019

GRAZAS, MANUEL!

O noso antigo alumno Manuel López Cid, dóalle á nosa biblioteca varios exemplares da súa novela Melancolía. Unha obra que o mesmo autor definía nunha entrevista como " as memorias dun personaxe atormentado que fai un percorrido pola súa vida. Volve atrás, considérase un pobre diaño e fai un repaso das contas pendentes do pasado".
O libro foi ilustrado pola fotógrafa e produtora audiovisual Iris Justo Rodríguez, tamén antiga alumna do noso centro.
 É un orgullo para nós poder colocar nos andeis da nosa biblioteca, acompañando  a Tocábanos crecer (primeira obra do autor), os novos libros cedidos por Manuel López.



GRAZAS!