mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos o nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. No no noso colexio tamén queremos renderlle homenaxe a través de diversas actividades.

O alumnado de 2º ESO traballou sobre unha unidade didáctica creada por Cristina Corral sobre a vida e obra da autora para logo buscar e escoller na rede un poema, copialo e facer un debuxo relacionado co mesmo.










Tamén podedes ver máis actividades no seguinte enlace:

http://quendixomedoverin.blogspot.com/



martes, 9 de febreiro de 2021

TRAXES, ZAMARRAS E PISTOLAS

 Traxes, zamarras e pistolas... Miguel Losada iniciou o ciclo de conferencias promovidas pola Biblioteca de Verín. O son das súas historias evocou no noso alumnado novas vivencias e abriu recordos gardados que, sen dúbida, espertaron neles o sentimento de pertenza a diferentes culturas que pensaban descoñecer.











luns, 1 de febreiro de 2021

MANIFESTO DO DÍA DA PAZ 2021

Manifesto do Día da Paz elaborado en galego, castelán, francés e inglés polo alumnado de 4º ESO

Un novo trinta de xaneiro e con el un novo Día da PAZ. Cambiamos de ano pero...cambiaron con el os nosos actos? 

O 2020 foi un ano difícil para todos, un ano con duras despedidas, un ano de incerteza e compromiso pleno; aínda que tamén foi un ano no cal, máis ca nunca, aprendemos a valorar e a estar máis unidos, a pesar do distanciamento. Nós, a nova xeración, lidamos cos conflitos de maneira case cotiá, e é aquí, nas pequenas cousas do día a día, onde tanto nós como a nosa actitude poden marcar a diferenza. (...)