luns, 26 de abril de 2021

3º ESO Día Internacional do Libro

 Esta semana os alumnos/as de 3º ESO celebraron o Día Internacional do Libro a través dunha actividade na que, unha vez lembrado o porqué se conmemora este día , se dedicaron a investigar sobre algún autor ou obra que coñecían, desde os clásicos traballados durante o curso ou de lecturas contemporáneas orientadas desde a materia de lingua castelá ata as súas propias lecturas. Logo tentaron plasmar nunha cartolina o valor da linguaxe e da lectura mediante a selección de fragmentos, imaxes ou críticas sobre o autor ou a obra escollida.






domingo, 25 de abril de 2021

OS "MEUS LIBROS"

 Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO quixeron compartir connosco aqueles libros que foron especiais para eles. Libros que os "engancharon" á lectura, libros que os fixeron soñar, libros divertidos; outros de medo, de intriga, de misterio; tamén libros para pensar e reflexionar... 










Aarón, Sergio, Irina, Andrea Núñez, Andrea Pérez, Noa, Inés, Lucía, Rafaela, Fernando, Nerea, María, Silvia, Antonio.

Día do libro 3º de educación primaria

En terceiro de educación primaria levaron a cabo as seguintes actividades o día 23 de abril:

1. Recital, escenificación e ditado con debuxo da poesía “Canción do Pirata” de José de Espronceda. Cubriron unha ficha cun debuxo da poesía. 2. Xogo interactivo no taboleiro dixital “A brujita quitavocales”, onde os nenos deberán descubrir as vogais que faltan para pescudar o conto tradicional que se agochaba. 3. Concurso de trabalinguas. Adestramos a nosa lingua para poder ler con rapidez unha serie de trabalinguas que aparecían no taboleiro dixital. 4. “Pescuda o conto”. Lemos un fragmento dun conto tradicional e os nenos tiveron que identificar de que conto se tratataba.









"O cabaleiro e o dragón"

 O alumnado e os profesores de educación infantil tamén celebraron o Día do Libro, festividade de San Xurxo, cunha dramatización da obra titulada "O cabaleiro e o dragón". 











ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO. EDUCACIÓN INFANTIL

 Moito nos gusta que se acheguen ó cole as nais e pais dos nosos alumnos para contarlles contos. Este ano non puido ser, pero para algo están as novas tecnoloxías!







venres, 23 de abril de 2021

HOMENAXE LITERARIA DO ALUMNADO DE 4º DE EP

 O alumnado de 4° de Primaria fai unha homenaxe literaria moi divertida para celebrar o DÍA DO LIBRO 2021!!


sábado, 10 de abril de 2021

"Xela Arias, o mundo escríbese con X"

 Seguimos participando nas interesantes conferencias organizadas desde a Biblioteca de Verín. Desta volta foi o alumnado de 4º de ESO o que tivo a oportunidade de coñecer a figura da autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas a través das palabras de Montse Pena, profesora da USC e biógrafa de Xela Arias. Tamén se contou coa presenza de Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, que falou das autoras homenaxeadas no Día das Letras e tamén da presenza da muller na institución que preside.