venres, 27 de marzo de 2020

LECTURAS PARA QUEDAR NA CASA

Nestes días nos que non podemos saír da casa queremos achegarvos unha serie de recursos que vos axuden a pasar mellor o tempo.




O escritor Eloy Moreno comparte connosco  un libro gratuíto que podedes adquirir en versión electrónica en Kindle Amazon ou na súa web www.eloymoreno.com




Tamén na seguinte web http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/20-libros-infantiles-gratuitos-para.html  podedes atopar moitas propostas de lecturas interesantes para todas as idades que as editoriais poñen  á nosa disposición de xeito grtuíto:






   


Outra plataforma interesante que forma parte da rede de bibliotecas públicas de Galicia é GALICIA LE


                   https://www.galiciale.gal/

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.








venres, 6 de marzo de 2020

8 M Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller 2020 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres". A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que as pequenas accións  poden xerar grandes repercusións cara ao mundo igualitario que merecemos.
Desde o noso centro traballamos
durante todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade.
Aquí, algúns libros da sección que creamos dentro da nosa biblioteca co nome de "Mulleres na historia"