luns, 24 de maio de 2021

RAQUEL QUEIZÁS "BUSCANDO A XELA ARIAS"

 



"Emocionados que estamos coa xentileza do CPR María Inmaculada (Verín), CEIP Xunqueira 1 (Pontevedra), Colexio de Verducido (Pontevedra) e o Colexio de Campañó (Pontevedra) que, non soamente, buscaron e atoparon a Xela a través da visita virtual á Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela), senón que nos enviaron as fotografías que dan fe dese encontro que sabemos foi moi, moi grato."

"MOITAS GRAZAS A TOD@S QUE COMO NÓS.... XELA ARIAS!"                                  Raquel queizás

Foi un pracer participar, xunto con outros colexios galegos, na vídeo visisita  á biblioteca Xela Arias de Chapela na que ademais coñecemos a figura da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Non puidemos ter mellor anfitrioa ca marabillosa Raquel Queizás.

Podes ver o vídeo da visita gravado por Fernando Carreira e interpretado por Raquel na seguinte ligazón:

VÍDEO VISITA Á BIBLIOTECA XELA ARIAS EN CHAPELA

sábado, 22 de maio de 2021

VIDEOCONFERNCIA LEDICIA COSTAS

 Foi un pracer poder asistir á videoconferencia de Ledicia Costas organizada pola Bilioteca Pública de Verín para presentar o seu último éxito editorial, Infamia



"Na conferencia de hoxe ,Ledicia estívonos contando como se inspirou para escribir o libro de “Infamia” .Díxonos que ela non adoitaba escribir ese tipo de libros , que a súa maioría eran libros con humor pero quixo saír da súa zona de confort e escribir este libro .Tamén nos contou que ela estudou dereito e que coñecía como funcionaba e aplicouno á súa historia e que en canto acabase todo o tema da COVID intentaría retomar unha segunda parte.

Tamén, a partir dunha pregunta dunha compañeira falounos un pouco de en que se inspirou para escribir “O corazón de Xúpiter”, de como ela recibía mensaxes de homes descoñecidos para quedar e de que pasaría se en vez de bloquealos ,unha rapaza adolescente os abrira e establecera contacto con algún; ela cre que podería pasar algo como o que escribiu .A partir disto contounos que xusto despois de publicar o libro saíra unha noticia de que unha rapaza de Canadá se suicidara polo acoso que lle facían virtualmente e que chegou a trasladarse a escola.

Finalmente contounos como empezou a escribir grazas a un cero que sacara nun libro de lectura obrigatoria de cando era cativa xa que non lera o prólogo e pensou en escribir un libro que aos rapaces a rapazas lles gustase ler.

Pareceume moi interesante e entretida a súa maneira de expresarse; gustaríama volver a escoitala falar sobre isto de novo.

                                                                                                        Xiana 3º ESO

"A min pareceume unha conferencia moi didáctica e relativamente entretida porque a autora do libro dixo cousas moi interesantes sobre a súa obra "Infamia". 

A maiores, é unha moi boa escritora e exprésase moi ben. Espero que escriba unha segunda parte de dita novela."
                                                                                                       Lucía 3º ESO
"Hoxe, na súa conferencia, Ledicia Costas falounos do seu emocionante libro "Infamia", un thriller que se atopa fóra do rexistro habitual da autora de obras infantís e xuvenís"

                                                                                                        Carmen 3º ESO

venres, 21 de maio de 2021

PODCAST XELA ARIAS

 Os alumn@s de 5° e 6° de Primaria fixeron un podcast no que nos contan a orixe do Día das Letras Galegas e fan un breve percorrido pola vida e obra de Xela Arias.



venres, 14 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Xela Arias é a autora á que  este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear  no Día das Letras Galegas; poeta e tradutora á que definiu como “unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea”. A súa poesía é “singular, transgresora, sincera e comprometida”. Destaca da autora a súa forma de concibir a poesía indagando e cuestionado a orde das cousas, atrevéndose a describir o que “se aprende a ocultar”. Na súa obra atópase a afirmación do corpo femenino, o diálogo con outras artes como a fotografía, a música ou a pintura, a reflexión sobre si mesma….



Máis actividades do Día das Letras Galegas no blog do EDL 

martes, 11 de maio de 2021

CONFERENCIA DO ESCRITOR DOMINGO VILLAR

O pasado venres 30 de abril o noso alumnado de 2º ESO participou na videoconferencia organizada pola Biblioteca Municipal de Verín do escritor e xornalista Domingo Villar. Co título "De Ollos de auga ata O último barco: a serie de Leo Caldas", o escritor falounos das particularidades da novela negra e do inspector Leo Caldas ,que xa é un referente deste tipo de personaxes dentro do mundo literario español. Tamén contamos coa presenza de Carmelo Gómez, autor que o interpretou na versión cinematográfica do libro A praia dos afogados.




 

sábado, 1 de maio de 2021

CONFERENCIA DO ESCRITOR FRANCISCO NARLA

 Unha vez máis o noso centro participou o pasado venres no ciclo de conferencias organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín. Desta volta foi o alumnado de 3º de ESO o que asistiu á interesante e amena conferencia do escritor Francisco Narla titulada "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa" e na que indicou que para escribir unha boa novela o máis importante é crear unha historia que "enganche" ó lector e non tanto ser rigorosos cos feitos históricos. Tamén sinalou que o segredo do "éxito", como en todos os os oficios, é "traballo, traballo, traballo".





Podes ver a conferencia completa aquí: Conferencia Francisco Narla