luns, 30 de maio de 2022

GRANDE ÉXITO DO NOSO ALUMNADO NOS CONCURSOS DE RELATO CURO E POESÍA ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE VERÍN


 

ALUMNADO FINALISTA 

5º/6º EP

AINOHA SALGADO 5º B   2º PREMIO 

DIANA VEIGA    5ºB     FINALISTA

LARA DAPÍA SÁNCHEZ    5º A  FINALISTA

DIEGO GARCÍA BLANCO   5ºA  1º PREMIO POESÍA

ALEXIS GARCÍA ÁLVAREZ    5ºA  3º  PREMIO

BORJA GALLEGO LÓPEZ    5º A  FINALISTA

 1º /2º ESO

EVA ALONSO FERNÁNDEZ       1º A    FINALISTA

SELENIA REY SALGADO             1º B  2ºPREMIO

SAÚL SALGUEIRO RODRÍGUEZ   1º B    FINALISTA

 MARTA CORRAL AMODIO         2º A   1º PREMIO RELATO

CRISTINA FERNÁNDEZ CHAVES 1ºA      FINALISTA

 CATALINA GONZÁLEZ ÁLVAREZ 1ºB     2ºPREMIO

 3º/ 4º ESO

PAULA DOMÍNGUEZ COSTA     3º A      3º  PREMIO

RODRIGO GONZÁLEZ ÁLVAREZ 4ºA     FINALISTA

RAFAELA QUEIROZ OLIVEIRA   4ºB     FINALISTA

LEYRE ESTEBAN MARTÍN       4ºA     1º PREMIO RELATO

ÁLVARO DOMÍNGUEZ COSTA    4ºA  FINALISTA

CARMEN FERNÁNDEZ CUQUEJO   4ºA   3º  PREMIO

xoves, 19 de maio de 2022

ADEUS A DOMINGO VILLAR


 A  morte do escritor vigués Domingo Villar aos 51 anos de idade deixa unha fonda ferida no eido literario galego e castelán. Era un mestre da novela negra e coa súa triloxía "A praia dos afogados", "Ollos de auga" e "O último barco" conseguiu enganchar a milleiros de lectores. O inspector Leo Caldas forma xa parte da historia da nosa literatura. 

O 30 de abril de 2001 tivemos a sorte de asistir a unha videoconferencia do autor na que nos falara das particularidades da novela negra e do universo literario que creara arredor do inspector Leo Caldas.

Boa viaxe, Domingo.

domingo, 13 de febreiro de 2022

CASTELAO

 Que mellor maneira de rematar en 4º de ESO o tema de Castelao que facendo unha lectura dramatizada da súa obra e coñecendo os seus magníficos álbums ilustrados!



















DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día  11 de febreiro foi o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. O alumnado de 4° de Primaria estivo na biblioteca investigando sobre este tema.






martes, 18 de xaneiro de 2022

NOVOS FONDOS PARA A BIBLIOTECA!

 Á espera dunha nova que vai revolucionar a nosa biblioteca, presentámosvos os novos fondos adquiridos grazas a PLAMBE.

CIENCIA, ECOLOXÍA, MATEMÁTICAS, MÚSICA...  E MOITAS SORPRESAS QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.














xoves, 2 de decembro de 2021

25 N 2021

A biblioteca escolar é un lugar fundamental para a aprendizaxe dos valores de igualdade e cidadanía que temos recollidos no noso proxecto educativo.



Nos últimos anos incorporamos a data do 25 N, tanto á hora de programar actividades como nas inversións en fondos de libros, como un reforzo fundamental nesta idea de igualdade e de loita contra a violencia de xénero.

Aquí temos algunhas das actividades realizadas no presente curso:








 

domingo, 31 de outubro de 2021

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A biblioteca non podía quedar á marxe dunha das celebracións que máis lle gusta á rapazada

Levabamos días preparando un mural para decorar a nosa biblioteca escolar e aquí tedes o magnífico resultado!



Aquí vos presentamos ás artistas:

  NOA, NATALIA, NEREA, RAFAELA






Ademais de ambientar a biblioteca tamén vos propomos unha morea de lecturas PARA TODAS AS IDADES  que dan "MIEDITO" ha,hahahaha!










domingo, 24 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Porque ademais de libros prestan ideas, proxectos, soños, sorrisos, actividades e ilusión!!