sábado, 16 de maio de 2020

CARVALHO CALERO



O polígrafo ferrolán é, sen dúbida, unha das persoas máis sobranceiras do século XX galego, como demostran as súas numerosísimas publicacións literarias (que abranguen todos os xéneros), os seus estudos sobre a lingua e a literatura e a súa implicación nas principais iniciativas culturais do galeguismo no século XX.

   Aquí vos deixamos un podcast co recitado dun dos seus poemas máis coñecidos por parte de 
Nerea García Barea de 4º de ESO

FERROL 1916

Cinco duros pagábamos de aluguer. 
Era un terceiro andar, ben folgado. 
Pola parte de atrás daba ao Campiño,
 e por diante à rua de San Francisco.

No segundo vivia a miña tia aboa:

tiña unha peza cheia de paxaros disecados
 que só abria os dias de festa

para que os nenos disfrutásemos nela.

Ainda vivia a miña nai
e todos os meus irmáns vivian,
e enfrente traballaba o señor Pedro o
 toneleiro,
e a grande tenda de efeitos navais mantiña o
 seu trafego.

Na casiña tiñamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o meu pai era novo ainda

         e no mar do mundo cada dia descobria eu 
        unha illa.

        Via o mar desde a miña fiestra, 
         e chegaban cornetas da mariña.
         E baixava os degraus duas vezes ao dia 
         para ir à escola,

        e duas vezes rubia-os de volta.

       As mulleres entón usaban capa e corsé,
       e íamos à aldeia en coche de cabalos,
       e a rua estava ateigada de pregons de 
       sardiñas

       e de ingleses que vendian Bíblias.

     Eu tiña un pacto con Deus:
     que ninguén dos meus morreria.
     E o pacto era observado,

     e eu confiaba na perenidade do pacto.

     Todo isto fica tan longe

     que aduro podo ainda lembrá- lo.  
     Esqueceria-o dentro de pouco tempo 
      se non escrebese estes versos.


venres, 1 de maio de 2020

CELEBRAMOS OS MAIOS DUNHA MANEIRA ESPECIAL

Todos os anos o noso centro leva participando na festa dos Maios que se celebra en Verín. Este ano non quixemos faltar á nosa cita coa tradición.

Elaboramos as coplas satíricas dos maios e quixemos facernos presentes tamén con este vídeo que lembra algúns dos maios artísticos que presentamos nos últimos anos.

https://www.facebook.com/cprmariainmaculadaverin/videos/261479148576138/

Ademais alumnos de 4º de primaria tamén homenaxearon a esta festa tradicional desde as súas casas.