domingo, 31 de outubro de 2021

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A biblioteca non podía quedar á marxe dunha das celebracións que máis lle gusta á rapazada

Levabamos días preparando un mural para decorar a nosa biblioteca escolar e aquí tedes o magnífico resultado!



Aquí vos presentamos ás artistas:

  NOA, NATALIA, NEREA, RAFAELA






Ademais de ambientar a biblioteca tamén vos propomos unha morea de lecturas PARA TODAS AS IDADES  que dan "MIEDITO" ha,hahahaha!










domingo, 24 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Porque ademais de libros prestan ideas, proxectos, soños, sorrisos, actividades e ilusión!!










venres, 1 de outubro de 2021

IV XORNADAS DE NOVELA HISTÓRICA

 

Participación “IV Xornadas de Novela histórica” – 1 outubro -Auditorio Verín

O alumnado de 4º de ESO participou no encontro organizado pola Biblioteca Municipal de Verín, “IV Xornadas de novela histórica; Mulleres na historia”. Coordinado por dous grandes escritores e mestres da novela histórica,  José Luis Corral Lafuente e José Calvo Poyato, xunto coa intervención da escritora, Rosario Raro, puidemos gozar dun encontro próximo, cheo de contidos e reflexións que formarán parte da nosa  historia. Os nosos alumnos están preparando dende a materia de Lingua castelá a lectura de  Rosario Raro, “La huella de una carta”  e puideron facerlle preguntas  á autora e aos participantes do evento, así como recoller nos seus propios libros a súa firma. Queremos agradecer dende aquí a súa proximidade, as súas palabras e atención cos nosos alumnos. Seguiremos neste camiño de poder orientar, dirixir e acercar a historia e a literatura ao alumnado, en busca de ilusións  e realidades que a nosa literatura contemporánea nos ofrece, formando parte así mesmo da súa aprendizaxe.