xoves, 19 de maio de 2022

ADEUS A DOMINGO VILLAR


 A  morte do escritor vigués Domingo Villar aos 51 anos de idade deixa unha fonda ferida no eido literario galego e castelán. Era un mestre da novela negra e coa súa triloxía "A praia dos afogados", "Ollos de auga" e "O último barco" conseguiu enganchar a milleiros de lectores. O inspector Leo Caldas forma xa parte da historia da nosa literatura. 

O 30 de abril de 2001 tivemos a sorte de asistir a unha videoconferencia do autor na que nos falara das particularidades da novela negra e do universo literario que creara arredor do inspector Leo Caldas.

Boa viaxe, Domingo.