Contaremos en Verín coas personaxes reais que normalmente aparecen nestas novelas, coma o Comisario de Policía, na persoa de D. Enrique León Calviño, comisario de Vilagarcía, sobre o que se basea o inspector Dario Silva da famosa serie televisiva de Antena 3 “Fariña”; o Médico Forense na persoa de D. Fernando Serrrulla Rech; o Xuíz, na persoa de D. José Antonio Vázquez Taín (xuíz e escritor de novela negra); e coma non teremos ao escritor que compón unha trama cunha serie de personaxes, na persoa de D. Pedro Feijoo, autor de, entre outros, “Os fillos do mar” editorial Xerais e o “Un lume Azul” editorial Xerais.
Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Concello de Verín.
Máis información en: http://www.novelanegra.bibliotecadeverin.es