Manifesto do Día da Paz elaborado en galego, castelán, francés e inglés polo alumnado de 4º ESO
Un novo trinta
de xaneiro e con el un novo Día da PAZ. Cambiamos de ano pero...cambiaron con
el os nosos actos?
O 2020 foi un
ano difícil para todos, un ano con duras despedidas, un ano de incerteza e
compromiso pleno; aínda que tamén foi un ano no cal, máis ca nunca, aprendemos
a valorar e a estar máis unidos, a pesar do distanciamento. Nós, a nova
xeración, lidamos cos conflitos de maneira case cotiá, e é aquí, nas pequenas
cousas do día a día, onde tanto nós como a nosa actitude poden marcar a diferenza. (...)