Xela Arias é a autora á que este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear no Día das Letras Galegas; poeta e tradutora á que definiu como “unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea”. A súa poesía é “singular, transgresora, sincera e comprometida”. Destaca da autora a súa forma de concibir a poesía indagando e cuestionado a orde das cousas, atrevéndose a describir o que “se aprende a ocultar”. Na súa obra atópase a afirmación do corpo femenino, o diálogo con outras artes como a fotografía, a música ou a pintura, a reflexión sobre si mesma….
Máis actividades do Día das Letras Galegas no blog do EDL