Foi un pracer poder asistir á videoconferencia de Ledicia Costas organizada pola Bilioteca Pública de Verín para presentar o seu último éxito editorial, Infamia
"Na conferencia de hoxe ,Ledicia estívonos contando como se inspirou para escribir o libro de “Infamia” .Díxonos que ela non adoitaba escribir ese tipo de libros , que a súa maioría eran libros con humor pero quixo saír da súa zona de confort e escribir este libro .Tamén nos contou que ela estudou dereito e que coñecía como funcionaba e aplicouno á súa historia e que en canto acabase todo o tema da COVID intentaría retomar unha segunda parte.
Tamén, a partir dunha pregunta dunha compañeira falounos un pouco de en que se inspirou para escribir “O corazón de Xúpiter”, de como ela recibía mensaxes de homes descoñecidos para quedar e de que pasaría se en vez de bloquealos ,unha rapaza adolescente os abrira e establecera contacto con algún; ela cre que podería pasar algo como o que escribiu .A partir disto contounos que xusto despois de publicar o libro saíra unha noticia de que unha rapaza de Canadá se suicidara polo acoso que lle facían virtualmente e que chegou a trasladarse a escola.
Finalmente contounos como empezou a escribir grazas a un cero que sacara nun libro de lectura obrigatoria de cando era cativa xa que non lera o prólogo e pensou en escribir un libro que aos rapaces a rapazas lles gustase ler.
Pareceume moi interesante e entretida a súa maneira de expresarse; gustaríama volver a escoitala falar sobre isto de novo.