Participación “IV Xornadas de Novela histórica” – 1 outubro -Auditorio Verín
O alumnado de 4º de ESO participou no encontro organizado
pola Biblioteca Municipal de Verín, “IV
Xornadas de novela histórica; Mulleres na historia”. Coordinado por dous
grandes escritores e mestres da novela histórica, José Luis Corral Lafuente e José Calvo
Poyato, xunto coa intervención da escritora, Rosario Raro, puidemos gozar dun encontro
próximo, cheo de contidos e reflexións que formarán parte da nosa historia. Os nosos alumnos están preparando
dende a materia de Lingua castelá a lectura de
Rosario Raro, “La huella de una
carta” e puideron facerlle preguntas á autora e aos participantes do evento, así
como recoller nos seus propios libros a súa firma. Queremos agradecer dende
aquí a súa proximidade, as súas palabras e atención cos nosos alumnos. Seguiremos
neste camiño de poder orientar, dirixir e acercar a historia e a literatura ao alumnado,
en busca de ilusións e realidades que a
nosa literatura contemporánea nos ofrece, formando parte así mesmo da súa aprendizaxe.