Seguimos ampliando fondos (PLAMBE) para a nosa biblioteca! Material moi chulo que está esperando por ti para acompañarte nestas tardes soleadas de primavera...
mércores, 24 de marzo de 2021
martes, 23 de marzo de 2021
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión humana. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.
A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.Atrévete coa poesía!
Aquí tes algunhas suxestións:
martes, 9 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
luns, 8 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
Entre outras actividades, traballamos co libro editado pola Secretaría Xeral de Igualdade xunto coa editorial Galaxia titulado Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, da profesora Anna R. Figueiredo. A obra fai un percorrido pola historia do movemento feminista e inclúe un apartado dedicado á situación do feminismo e da muller en Galicia.
Ademais o alumnado realizou distintas unidades didácticas elaboradas pola Xunta de Galicia dentro do proxecto "Aprende coas mulleres Galegas" nas que se pretende pór en valor e achegar a vida e a obra de máis de 20 mulleres que foron referentes intelectuais e destacaron en diferentes ámbitos artísticos ou do coñecemento.
CONFERENCIA "O outro Camiño de Santiago"
Seguindo coa estreita colaboración da Biblioteca do noso centro coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, o alumnado de 3º de ESO participou na interesante conferencia que Toti Martínez de Lezea inpartiu virtualmente o día 3 de marzo titulada "O outro Camiño de Santiago". Nela falou sobre o Camiño dos construtores, músicos, poetas, comerciantes, migrantes, ladróns... que foi e é o Camiño de Santiago.Tamén sobre o vínculo entre o Camiño e o xogo da Oca, que inspirou a Martínez de Lezea para a súa obra, provén dunha crenza popular, segundo a cal, o popular xogo de mesa representa o roteiro Xacobeo coas súas pousadas, pontes e mazmorras, co fin de ofrecer un «camiño iniciático» e alternativo a quen non podían realizalo materialmente. A espiral, forma do percorrido do taboleiro da oca, é ademais un símbolo «moi presente na simboloxía pagá do Camiño, plasmada en petróglifos que representaban o comezo e o fin, a fertilidade e o símbolo das deusas nai.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)