Entre outras actividades, traballamos co libro editado pola Secretaría Xeral de Igualdade xunto coa editorial Galaxia titulado Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, da profesora Anna R. Figueiredo. A obra fai un percorrido pola historia do movemento feminista e inclúe un apartado dedicado á situación do feminismo e da muller en Galicia.
Ademais o alumnado realizou distintas unidades didácticas elaboradas pola Xunta de Galicia dentro do proxecto "Aprende coas mulleres Galegas" nas que se pretende pór en valor e achegar a vida e a obra de máis de 20 mulleres que foron referentes intelectuais e destacaron en diferentes ámbitos artísticos ou do coñecemento.