Seguindo coa estreita colaboración da Biblioteca do noso centro coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, o alumnado de 3º de ESO participou na interesante conferencia que Toti Martínez de Lezea inpartiu virtualmente o día 3 de marzo titulada "O outro Camiño de Santiago". Nela falou sobre o Camiño dos construtores, músicos, poetas, comerciantes, migrantes, ladróns... que foi e é o Camiño de Santiago.
Tamén sobre o vínculo entre o Camiño e o xogo da Oca, que inspirou a Martínez de Lezea para a súa obra, provén dunha crenza popular, segundo a cal, o popular xogo de mesa representa o roteiro Xacobeo coas súas pousadas, pontes e mazmorras, co fin de ofrecer un «camiño iniciático» e alternativo a quen non podían realizalo materialmente. A espiral, forma do percorrido do taboleiro da oca, é ademais un símbolo «moi presente na simboloxía pagá do Camiño, plasmada en petróglifos que representaban o comezo e o fin, a fertilidade e o símbolo das deusas nai.